Cal será o prezo da mala xestión do Real Madrid?
Estamos ante unha pregunta que xa non é a primeira vez que se plantexa en portadas de xornais deportivos, noticias da TV, radio etc... Non se sabe moi ben como nin cando chegará o fin desta crise deportiva e institucional que sofre actualmente o mellor equipo do século XX, mais o que si sei, e aquí o deixo escrito, é que ese equipo de futbol, por chamalo de algunha maneira rexurdirá das suas cinzas por enesima vez.
Vaiamos por partes. Porqué dubido de que sexa un equipo de futbol? Pois é moi facil. Oxe en dia, os equipos transformaronse en empresas, co obxetivo de obter grandes beneficios e estar no mais alto, iso si, no mais alto do ambito económico, porque, cando se gaña un título o mais importante pra os xefes que é? o trofeo? o orgullo? Non,iso foron tempos, na actualidade o que realmente importa son os beneficios e o que iso trae consigo. Pra explicalo de algunha forma, os directivos convertironse nunha especie de tecnoestructura, baixo as ordes de un xefe, o cal sería o presidente e cuns empleados traballand pra eles, entre os que se atopan os xogadores, adestradores etc.... Esto podemolo ver claramente en equipos mercados por magnates árabes.
Non cabe dúbida de que isto e normal na época capitalista que nos toca vivir, pero os bos afecionados ao futbol notamos que falta algo cada domingo, notamos que falta ilusión, orgullo e sentimento pela camiseta. Os socios do Madrid , por poñer un exemplo, preguntaranse donde están os Gento, don Alfredo, Juanito etc etc que durante anos loitaban co escudo no corazón e vivian as victorias e sofrian as derrotas con dor, e iso oxe non pasa. Pero tampouco nos cebemos co Real Madrid , xa que e algo que pasa en todos os equipos.
Centrandome no tema, o da crise, volvo a decir que estou segurisimo de que renacera das suas cinzas, por algo se lle chama o Ave Fenix, que tivo o seu último renacemento fai 3 anos nun partido contra o Barcelona, non Camp Nou, e qu os blancos empataron a 3, e a partir de ahí remontaron o voo, e lograron 2 ligas consecutivas. Pero esa ave non logrou subir o voo de todo, e voltou a recaer nas suas doenzas, as cales orixinan esta nova crise, e que son a mala xestion e a pésima planificación deportiva unido todo iso a unha pizca de mala sorte en forma de lesions.
A miña analise fixome chegar a conclusión de que o gran erro esta no verán, cando non se quixeron(ou non puideron) reforzarse e decidiron afrontar a tempada co que tiñan, e incluso con algo menos. As confianzas nunca son boas e este ano presentaronse novas asiganturas as cales non son capaces de facer fronte e están orixinado todos os problemas. O dia 9 de decembro, deciden destituir ao mister, un alemán maleducado, que non e mal adestrador, e contratan a Juande Ramos. Si, moi bonito todo, pero se nos paramos a pensar, 5 dias antes ficharon a un xogador a petición do ex-adestrador. Creo que seguen errando nesa parcela. Eles deciden e oxala lles saia ben.
Estou segurode que chegaran mais fichaxes, e que co novo adestrador voltarase a gañar porque un equipo dese nivel non se pode permitir o que está a suceder. Tardará mais ou menos pero volveran a deslumbrar por Europa igual que durante o século XX e primeiros do XXI, pero iso si, creo que a institución está a sufrir unha enfermidade, que afecta a os maximos dirixentes e aos xogadores dun equipo, e isto é, que xa non se xoga nin se pensa co corazón, debido a que este está encharcado polo peso e o poder do diñeiro.
pherreGZ
miércoles, 10 de diciembre de 2008
domingo, 7 de diciembre de 2008
O arranque disto¡
Ola, moi boas a tod@s. Este é o texto que abre o blog no que agora mesmo estades, e co cal quero expresar as grazas por facer un pequeno hoco no voso mundo e darlle asi unha visita a dito blog.
Co arranque disto, o que eu (un estudante de filoloxía galega), editor do blog tentarei facer, sera expresar aqui libremente todos os meus traballos a nivel de cronica, recesion, conto etc e no cal todos poderedes participar dando as vosas opinions e critica.
espero que goste a xente,
co tempo irase mellorando a imaxe, organizacion etc, e cada vez acrecentarase mais a capacidade de subida de textos etc.
un saudo a todo mundo¡
pherreGZ
Co arranque disto, o que eu (un estudante de filoloxía galega), editor do blog tentarei facer, sera expresar aqui libremente todos os meus traballos a nivel de cronica, recesion, conto etc e no cal todos poderedes participar dando as vosas opinions e critica.
espero que goste a xente,
co tempo irase mellorando a imaxe, organizacion etc, e cada vez acrecentarase mais a capacidade de subida de textos etc.
un saudo a todo mundo¡
pherreGZ
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
