viernes, 17 de abril de 2009

microrrelatos

O luns tivemos clases con Domingos Manaça. Ao sair, a xente que non fora preguntoume que tal, e eu respondinlle con total sinceridade:
-a man non era pra tanto.

A cidade quedou totalmente parada e a escuras. Oiuse un forte disparo. O caos volveu a reinar por sempre.

Realmente real. E espertou.

Antón andaba xogando coa pelota. Sen saber como, desapareceu, e a sua sombra foi tan alongada que se perdeu entre as carteiras e os traxes dos amos da cidade.

-Que pasa Maria? Porque estas a chorar?
- non o ves Elisardo? cando a faneca volve a porto, e que a sua última marea xa ten percorrida.

sábado, 11 de abril de 2009

ficando sen resposta

Non sei que é o que realmente esta a suceder. Fai xa mais dun mes cando camiñando pola rua Alfredo Brañas en Compostela, atopeime cunha conversa na cal se falaba do galego. Si, estades a ver ben, falabase dese idioma que pra moitos non ten a mais minima importacia, mais que pra outros moitos nolo e todo. Tamén me chamaredes de todo por escoitar conversas alleas mais merece a pena.
Eran varias señoras que estarian xa na cincoentena, coas suas zamarras de pel, seus zapatos de tacón, o seu pano no pescozo e o pelo dunha cor amarelenta. Eu fiquei paralizado cando de supeto, a que parecia ser de mais prestixio, parou de camiñar, acomodouse o bolso e dispuxe a falar cun ton nervoso:
-es que mi marido y yo, a pesar de tener mucho dinero tuvimos muchos gastos para criar nuestros hijos, estudios, salir, coches etc etc, y resulta que pese a todos nuestros esfuerzos los dos nos dicen que quieren cambiar de vida, que estan hartos de tener que aguantar todo nuestro patriotismo y autoritarismo español. Pero esto no es nada, lo peor fue cuando el mayor, que ya poco estaba en casa nos dice que esta integrado en organizaciones nacionalistas. A su padre casi le da un infarto y a min todavía me dura el disgusto.
As compañeiras de paseo desta señora asentiron todas e quedaron estranadas, ate que unha delas, a mais nova soltou:
que pena, es que tener hijos para eso, con lo buen chicos que parecian y la buena educación que llevaron y ahora que se metan en esas cosas de jipis y delincuentes...vaya por dios....¡
A verdade, despois de escoitar isto, seguin camiñando polas ruas da capital de Galiza direccion Porta Faxeira. Unha vez que entrei na zona vella, decidin pararme a pensar. Fun pouco a pouco ate que xegei a plaza de Mazarelos, lugar que me pareceu axeitado pras miñas reflexións. Ali mirando como a xente subía e baixaba viñeronme a mente numerosas cuestións. Non as nomearei todas debido a que pasei mais dunha ora dandolle voltas o asunto ate que o frio me entrou pola espalda, e serian moitas, e tamén porque algunhas non son dignas nin sequera de nomear xa que son sacadas dun pequeno ataque de raiba. Quedareime coa ultima de todas elas, na que me fixen a pregunta de , porque moitos galegos adoran sempre o de afora esquecendose de tantas cousas propias, entre elo, as raices?? cadaquén que o responda pra si mesmo.
Cando a noite se me viña encima e o frio empezaba a enrroxecerme a face, continuei o meu camiño polas estreitas ruas compostelás, un camiño que despois dunha tarde tan estrana non sabía a onde me dirixiría, mais o que tiña ben claro desde ese intre e que ESPANHOIS NOS QUEREM, REBELDES GALEGOS NOS TERÃO¡¡