Bon, despois de xa un tempiño volvome a pasar por eiki e deixar un novo comentario. Este terá como referencia principal un ebate aberto noutro blog duns compañeiros. Eles falaban de Compostela como lugar de marcha e de festa e preguntaban polo noso local preferid. Pois ben, ainda que serei moi breve debido a falta de tempo dizar 4 cousiñas.
Pra empezar que santiago realmente non e un bon lugar de marcha, non creo que o sexa por diversos motivos. Non hai sitos decentes a donde ir, se sacamos o avante, tarasca e algun mais o resto a verdade non son nada apetecibels. Despois moitos dos garitos da zona vella pode que si que estean ben, mais ou son moi pequenos e estan sempre abarrotados, ou poñen musica malisima e sen variedade ou simplemente hai un ambiente que non dan ganas nin de entrar.
Da zona nova meior xa nin falar, por motivode que moitos como grimpis duplex estan cerrados as alternativas son moi poucas. YACARE? GABANNA?? CATEDRAL?? meior paso. so se salva da queima blaster. PEROe que en compostela un non se sinte agusto. Pode que as noutes dos xoves sexan de moi bon rollo, si pero en determinados sitios,pero pra estar por xeneral pardiñas e rodeado de kinkes ou de sobraodos del peletas que miran a un por encima do hombro pois a verdade e que non.
Prefiro coller o sabado o coxe, andarme 3o km e sair a santa comba, un lugar con moi bo ambente, todos os pubs localizados na mesma rua con moitisima variedade de musica, xente humilde e boa, nada ke sobraos e cun animo de festa e non de bulla que se respira en santiago.
Disto deime conta za faimoito tempo, e espero que a xente pouco a pouco faga o mesmo.
>Vou seguir estudando que e o que toca.
un saudiño e todos e bon mes de febreiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

3 comentarios:
a verdade e que estou dacordo co teu comentario daniel.
a marcha de santiago, non sei se porque pouco a pouco un vai medrando e dandose conta do que esta ben e o que non, ou simplemente porque as cousas co tempo van dexenerando, xa non e o que era. xa nunca foi unha marabilla, todo hai que dicilo, pero antes ainda habia posibilidades de pasalo minimamente ben.
a zona nova e un desfile de nenos (e cando digo nenos digo NENOS) borraxos, quinques como dis ti e demais familia.
e a zona vella tamen se salva por dous ou tres garitos, segun o meu punto de vista, pero tamen hai que comprender que para gustos colores!! e que realmente hai que respetar que exista xente que disfruta coa musica 40 principales coa que nos deleita, exemplo, retablo.
para finalizar, non esquezamos a cova como tamen un bar de bastante bo ambiente no que a musica tes que encargarte de poñela ti coa axuda dos tunos!!:)
unha aperta daniel (fenomeno!!) e sigue adiante con este magnifico blog!!!
Despois de ler o teu comentario, estou en certas cousas dacordo contigo e con outras mostro a miña completa disconformidade.
Debo suliñar que dependendo da idade que posúas gustarache máis un establecemento que outro, de ahí que nuns haxa unha determinada clase de xente e o noutros outra, é lei de vida.
Tes razón, cnado dis que non hai apenas pubs ou sitios de ocio onde acudir na zona vella. Neste senso hai que ter en conta, que moitos dos locais ou establecementos tiveron que pechar debido ao cumprimento escrupuloso da lei de ruidos, polo que consecuentemente a oferta de locais aos que acudir, se reduciu de forma considerable.Antigamente na zona nova había locais a onde acudía a xente en masa, falo de locais míticos como o Berberecho, o Faiscas, o cal segue aberto, e as Galerías Goya.
Por outra banda, en canto á zona vella, non hai que ceñirse únicamente ao o que é a marcha. Coido que Santiago ten unha das mellores rúas de viños que coñezo, tamén me gusta a de Lugo.
Polo demáis, estou dacordo en que na zona vella, a oferta é maior e máis variada. Penso que o mellor da zona vella de Santiago, non é a marcha, senon que hai locais onde podes tomar unha copa de xeito tranquilo, sentado nos que poder falar cos amigos. Locais como o Atlántico, Novena porta, paraíso perdido ou incluso a Casa das Crechas.
A cada un gustaralle un local ou outro dependendo da oferta que busque. Así e todo estou dacordo contigo en que os locais son pequenos e algúns están ateigados, por non decir que están bastante separados uns dos outros.
Unha aperta
Miguel
quixera subliñar que a escritura de este artigo e moi mala debido e ser feito dunha forma rapida e pouco correcta.
pra contestar o teu comentario, dizer que e feito pra contrarrestat as liñas enscritas noutro blog acerca do mesmo tema.
Cando dis o das idades tes razon, mais creio eu que en santiago un venres, na zona nova, o unico que atopas son crios, que eu coa sua idade so pensaba en votar pachangas pola tarde cos colegas.
Tamén estou dacordo en que moitos tiveron que pechar, foi uma pena, mais eu ciñome o que actualmente hai, e pra finalizar, so dizer tamen, que tes toda a razon en que a rua de viños, e os locais mais tranquilos son moi bos, mais o meu artigo so falaba do que ven sendo unha marcha mais de oubs e discos e menos de outros ambentes.
grazas polos comentarios.
pherreGZ
Publicar un comentario