De novo despois dun tempo volvo a pasarme por este blog. Fagoo sen tempo, xa que estou a só 4 dias de ter o meu último e definitivo exame de setembro. Digo definitivo xa que coido que o primeiro o debería aprobar, ainda que non quero decir nada para que non me saia un ``nostra´´. Como ia decindo, xa me queda pouco para finalizar, e coller outras pequenas vacacións ate o dia 1 de outubro que se reanudan as clases, ese dia xa se dira adeus a boa vida, mais o verán xa se nos vai alá.
Este ano podo decir que a época estival foi das máis raras dos últimos tempos. Todo mes de xuño foi un constante ir e vir de exames, traballos, estudos, e mais estudo, polo tanto e a pesar do bo tempo non se puido aproveitar nadiña. Terminei os exames o dia 2 de xullo, e como e lóxico ese dia sair a rachar, pero xa niso foi raro. Nunca tivera exames ate tan tarde, nunca empezara o verán xa ben entrado o mes de xullo. Para colmo de males, ese mes foi dos peores e con mais auga da ultima década, e ainda asi debin de ir case todos os dias que fixo sol a praia, aproveitando o máximo.
Tamén me foi raro o veran polo feito de que se me pasou nun plis plas, porque ainda me parece que foi onte cando estaba bailando o son da olympus nos Anxeles, ou da galilea en Negreira, e xa fai diso cerca dos 3 meses. Non sei, cecais sexa lei de vida, estou a medrar e eses verans de 3 meses e medio de cando eres cativo e os desfrutas o máximo cos amigos todos os dias xa se foron e agora cada vez acercanse mais os anos nos que hai que apretar forte pra poder ser alguén nun futuro non o sei.
E xa deixando atras a rareza deste tempo pasado, quería centrarme noutra cousa, i eso do que quero falar e da maxia
Pode que sexa un concepto moi coñecido por todos, moi usado e moi tratado, pero eu quero deixar o meu selo falando del de forma mais concreta. Aclarome.
Como todos ben sabemos, son numerosas as veces que podemos ver por tv, cinema ou nas ruas persoas chamadas magos, que nos fan trucos, que nos deixan coa boca aberta facendo despasaparecer cousas e aparecer outras e moitas cousas máis. O que vou a decir non e que sexa contra eles, nin nada polo estilo, porque me parece algo cunha excelente preparación, con moito traballo encima e moita adicación pero creo que hai algo capaz de superar esa maxia, e non me estou a referir a Zidane como moitos pensaredes jejeje.
Non sei se a alguén lle ocorreu algo parecido o que amín me ocorre, pero cada vez que vexo a certa persoa por diante miña, cada vez que se me acerca, cada vez que me bica fai que algo en min cambie, a cabeza dame un xiro radical, o corazon deixa de latir para asi escoitar o seu respirar, os ollos cambianme de cor, a cara erradica nun sorriso eterno e a pel estremeceme cada me que me toca. Soará cursi, quedaría pijo e podedesvos rir, pero o que non me podedes negar e que nunca un mago calquera vai lograr facer cun truco da súa chisteira o que Alba e capaz de facerme sentir cun só ``querote´´ susurrado ao oido nunha noite estrelada. amx pq
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

3 comentarios:
ainda queda verán dabondo ho!!
iso si...a ver se nos vemos antes
de que acabe xD
parabéns se aprovas todo
e se non...pois a darlle duro
e bue...
a maxia..como a beleza...está nos ollos de quen mira...de quen cree.
ahi queda iso :D
saudosss
sempre adorei o vran...era a unica epoca do ano na que era feliz de verdade!!!:)todos os dias eran especiais, distintos, alegres...non sei, vivia esperando a que chegara... pero fai mais de tres anos que para min é vran todo o ano...porque todos os dias son especiais, distintos e alegres...porque estou contigo,porque estou NAMORADA...
cambiaria todos os verans da miña vida por seguir ao teu lado...
ainda que por pedir...estaria xenial un vran eterno arrexuntadiños na praia verda?¿
keroxe(susurrando no oido...)
Como a todos nos ocorre, e a medida que te vas facendo máis maior os veráns, os anos, en fin o transcurso do tempo en xeral, corren máis e máis axiña. Cando comeza a ocorrer isto, é cando máis se disfruta dos cousas máis sinxelas, momentos, instantes dignos de mención, os cales nos axudan a evadirnos, cansos de facer sempre o mesmo percorrido ao traballo ou facultade, ver sempre as mesmas caras, ou canso de facer o mesmo traballo.
Polo demáis, en canto ao que falas da maxia, penso que se é así como o sintes, ben merecía un artigo aparte adicado a ela soamente.
Unha aperta
Publicar un comentario